Somos Germán e Tamara, o equipo humano e familiar detrás de upa! espazo barefoot, un espazo con alma que abrimos en Carballo (A Coruña), con moita ilusión e unha boa dose de corazón.
Germán achega a súa experiencia no mundo do calzado e a súa visión como papá de Simón e Ares. Eu, Tamara, estreeime como emprendedora e tamén como nai de Martiño, co desexo profundo de crear algo aliñado cos nosos valores e coa nosa maneira de ver a vida.
Soñamos con que este espazo se converta nun punto de encontro para familias que, como a nosa, camiñan con intención, con agarimo e con ganas de facer as cousas doutra maneira.
Benvid@ a upa!,
onde cada paso conta 💛