Por que
Barefoot?

En upa! apostamos polo barefoot, unha maneira diferente de camiñar: máis natural, máis saudable, máis libre. Pero… que é exactamente o barefoot?

"Barefoot" significa literalmente “descalzo”, e esa é a idea: deixar que os nosos pés se movan como se non levasen nada. O calzado barefoot está pensado para respectar a forma natural do pé, permitindo que faga o seu traballo sen interferencias.

Os zapatos barefoot teñen:

Sola fina e flexible

para sentir o chan e mellorar o equilibrio

Forma ampla
na parte dianteira

para que os dedos se espallen sen presión

Sen drop

sen diferenza de altura entre talón e punta, para unha postura máis natural

Sen soportes ríxidos

o pé fortalece e traballa por si mesmo

Así, o pé pode moverse libremente, fortalecerse e recuperar a súa función natural, algo que perdemos co calzado convencional.

Porque sabemos que uns pés sans son a base dun corpo equilibrado e dunha vida activa. E porque cremos que cada paso conta, escollemos ofrecervos só calzado que coida de vós… dende abaixo.

COMO ELEXIR A TALLA AXEITADA?

Un dos pasos máis importantes para gozar do barefoot é acertar coa talla. Ao tratarse dun calzado que respecta a forma natural do pé, é fundamental que haxa espazo suficiente para que os dedos se movan con liberdade. Pero… canto espazo é o axeitado?

O espazo ideal: a "marxe de crecemento"

No barefoot, recomendámosche deixar unha marxe dianteira entre o dedo máis longo do pé e o final da plantilla (soleta).

Esta marxe permite:

> Que os dedos se espallen e movan libremente ao camiñar.
> Un bo desenvolvemento do pé, especialmente nos nenos.
> Evitar rozaduras ou presións ao andar ou correr.